NOTICIAS

Unha historia de éxito en ViaGalicia: Arengu, comprada polo xigante americano Okta.

Equipo de Arengu

A historia de ViaGalicia é tamén a historia das súas startups impulsadas e os seus éxitos. Agora tocoulle a Arengu, unha startup promovida na 5ª Edición da Aceleradora, que acaba de ser adquirida por Okta, unha multinacional tecnolóxica estadounidense e líder no campo da ciberseguridade.

Arengu é unha startup tecnolóxica creada por tres mozos emprendedores galegos que desenvolve un SaaS innovador para a creación de formularios en liña. Este software permite crear, de forma visual, fluxos personalizados de autenticación de usuarios para calquera stack tecnolóxico. Tras os seus inicios como RocketForms, o seu paso pola 5ª Edición de ViaGalicia e a conversión en Arengu, non deixou de medrar. Agora, con esta operación, Okta reforza a súa posición ao integrar unha das startups líderes no seu sector.

Ler nova