AVISO LEGAL
Consorcio Zona Franca de Vigo
Titularidade do portal
Este portal web adscrito ao programa VIAGALICIA é titularidade de:- Consorcio da Zona Franca de Vigo, con NIF V-36611580, domicilio na Rúa Areal 46, 36201 Vigo, e teléfono 986 269 700.
- Instituto Galego de Promoción Económica, con NIF Q-6550010-J, domicilio no Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña) e teléfono 900 815 151.
- Axencia Galega de Innovación, con NIF Q1500386F, domicilio na Rúa Airas Nunes, 15702, Santiago de Compostela (A Coruña) e teléfono 981 541 072.
- Xesgalicia Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado, SAU, con NIF A15674203, domicilio na Rúa Ourense, 6, 15701 Santiago de Compostela (A Coruña) e teléfono 981 541 621.
- Vigo Activo Sociedade de Capital Risco, S.A., con NIF A15674203, domicilio na Rúa Oporto, 3 – 3ª planta, 36201 Vigo (Pontevedra) e teléfono 986 202 406.
Propiedade intelectual e industrial
Todos os contidos que se mostran neste sitio web, e en especial deseños, textos, imaxes, logos, iconas, nomes comerciais, marcas ou calquera outra información susceptible de utilización industrial e/ou comercial, están protexidos polos correspondentes dereitos de autor, non permitido a súa reprodución, transmisión ou rexistro de información salvo autorización previa dos titulares do proxecto. O usuario, única e exclusivamente, pode utilizar o material que apareza neste sitio web para o seu uso persoal e privado, quedando prohibido o seu uso con fins comerciais ou para incorrer en actividades ilícitas.Enlaces
Os titulares do proxecto non asumen ningunha responsabilidade sobre os enlaces a outros sitios ou páxinas web que, no seu caso, puidesen incluírse no mesmo, xa que non teñen ningún tipo de control sobre os mesmos, polo que o usuario accede baixo a súa exclusiva responsabilidade ao contido e nas condicións de uso que rexan nos mesmos.Condicións de uso do sitio web
O usuario comprométese a utilizar o sitio web, os seus servizos e contidos sen contravenir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública. Así mesmo, queda prohibido o uso do sitio web con fins ilícitos ou lesivos contra os titulares ou calquera terceiro, ou que, de calquera forma, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento do sitio web.Exclusión de garantías e responsabilidade
Os titulares do sitio web non outorgan ningunha garantía nin se fan responsables, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen causar:- A falta de dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento do sitio web e/ou dos seus servizos ou contidos.
- A falta de utilidade, adecuación ou validez do sitio web e/ou dos seus servizos ou contidos para satisfacer necesidades, actividades ou resultados concretos ou expectativas dos usuarios.
- A existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos nos contidos.
- A recepción, obtención, almacenamento, difusión ou transmisión, por parte dos usuarios, dos contidos.
- O uso ilícito, negligente, fraudulento, contrario ás presentes Condicións, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ou á orde pública, do sitio web, os seus servizos ou contidos, por parte dos usuarios.
- A falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros e postos a disposición dos usuarios no sitio web.
- O incumprimento por parte de terceiros das súas obrigas ou compromisos en relación cos servizos prestados aos usuarios a través do sitio web.