8ª Edición: Arrinca a Fase de Aceleración. ¡Poñémonos a traballar!

ViaGalicia en cifras

+ 0 millóns €
0
0
0

en financiamento

propostas analizadas

startups
aceleradas

novos empregos

Convocatoria

Selección de proxectos

ViaGalicia é unha aceleradora de carácter xeralista para proxectos innovadores de calquera sector produtivo, cun programa dirixido por un equipo de expertos, que combina formación, mentoring e financiamento.

En ViaGalicia acollemos todo tipo de iniciativas emprendedoras en calquera das súas fases. Se tes un proxecto innovador, investible, acelerable e relevante, aquí tes o teu sitio.

Startup Day

Selección de equipos

Reunimos a todos os equipos (40 en cada sede), para unha convivencia que permita valorar as vosas competencias e calidades emprendedoras a través dunha serie de dinámicas e actividades. O obxectivo é seleccionar os mellores proxectos (un máximo de 20 por sede), que pasarán á Academia.

Se o valor da idea é importante, moito máis o é contar cun bo equipo.

Academia

Análise da proposta de valor e modelo de negocio

Os 20 proxectos seleccionados por sede comezarán a fase de pre-aceleración para validar as hipóteses de partida e consolidar os proxectos mediante formación práctica, experimentos lean e networking.

Axudarémosvos a traballar o voso modelo de negocio e, sobre todo, a entender o proxecto desde unha perspectiva de empresa.

Demo day

Presentación pública

Chega a ocasión de poñer en práctica todo o aprendido na Academia: os equipos saen a escena e defenden a súa proposta cun ‘pitch’ ante o Comité Técnico e as entidades colaboradoras.

É a ocasión de presentar os teus resultados e convencer ao xurado de que o teu proxecto merece pasar á fase de aceleración, onde elixiremos un máximo de 15 proxectos.

Aceleradora

Posta en marcha e financiamento.

É o momento de acelerar o teu modelo de negocio. Durante 9 meses traballaremos conxuntamente no espazo de coworking de ViaGalicia (Nigrán) con titorías semanais, mesas redondas e sesións de networking.

Traballarás co noso equipo de titores para que acades os fitos do plan de acción establecido individualmente. Para que o teu negocio despegue e medre, contamos con diversos recursos financeiros: unha subvención directa de 25.000 euros para todos os proxectos seleccionados e un fondo total de 1,5 millóns de euros para escalar os proxectos investibles con maior potencial de crecemento.

Investors day

Presentación a investidores.

Chegamos ao final do camino: tócache presentar o teu ‘pitch’ ante un selecto panel de investidores nacionais e estranxeiros, tanto de carácter público como privado, e convencelos de que o teu proxecto ten potencial de crecemento.

Agora tes a posibilidade de amosar as métricas do teu proxecto ante os investidores para convencelos de apoiar a túa empresa.

Boletín ViaGalicia

Cremos nas persoas e nas ideas, queremos axudarche a facer realidade o teu proxecto baixo un modelo de negocio rendible e sostible.

Subscríbete e non te perdas nada.

    logo-vigo
    Xunta de Galicia
    logo-vigoactivo
    logo-xesgalicia
    logo-instituto
    logo_vigoactivo
    logo-xesgalicia
    logo-instituto

    Falamos?

    Para calquera dúbida que che xurda, podes escribirnos e en breve responderémosche.

    Tamén nos podes visitar

    Centro de Negocios Porto do Molle
    Rúa das Pontes 4, 36350 Nigrán, Pontevedra

    Teléfono: 986 126 126