A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) acaba de presentar o TOP 100 mellores startups de 2023, proxectos innovadores en ámbitos punteiros, desde a biotecnoloxía ata a intelixencia artificial, pasando por enerxías limpas, telecomunicacións, saúde, espazo, etc. Entre elas, están presentes dúas startups da fase de aceleración da 7ª Edición de ViaGalicia: ODS Protein, que traen unha revolucionaria proposta para producir proteínas a partir de fermentación fúngica, e Vig-Sec Drone, coa súa plataforma Acre que facilita a xestión do espazo aéreo de UAV en emerxencias.
Ademais, tamén foron recoñecidas dúas startups incubadas nos viveiros de empresas de Porto do Molle do Consorcio Zona Franca de Vigo: UARX Space, plataforma de servizos de lanzamento de satélites a órbitas baixas da Terra, e BIOPRANAWORLD, solución biotecnolóxica para o aproveitamento de subprodutos orgánicos.
O listado completo pode consultarse en https://apte.org/apte-top-100-startups.