NOTICIAS

Un total de 143 iniciativas empresariais preséntanse á sétima edición de ViaGalicia.

Representantes de Proxectos sostendo un cartel que di "INVESTORS DAY"

ViaGalicia pecha o prazo de inscrición de proxectos para a súa 7ª Edición con 143 propostas de negocio que abarcan moi diversos sectores, destacando os proxectos relacionados coas TIC (máis dun 18% do total) –con propostas relacionadas con aplicacións tecnolóxicas, servizos de software ou organización de procesos–; seguidos das propostas relacionadas co sector da agroalimentación e a pesca (12%), e cultura e lecer (9%). Destacan tamén, as iniciativas vinculadas a servizos a empresas (8%) e turismo e hostalaría (6%).

Ler nova