NOTICIAS

36 proxectos chegan ao Startup Day de ViaGalicia na sede de Vigo.

Representantes de proxectos no Startup Day de ViaGalicia

36 proxectos participaron no Startup Day na sede de Vigo, que o mércores deu o pistoletazo de saída á 7ª edición de ViaGalicia cunha xornada de traballo no Centro de Negocios de Zona Franca en Porto do Molle, tras a xornada de Lugo o pasado luns. Para darlles a benvida estiveron o delegado do Estado, David Regades; a subdirectora de Investimentos e Startups do Igape, Fany Suárez; e o alcalde de Nigrán, Juan González.

Novamente, esta xornada contou cunha serie de dinámicas para que os equipos emprendedores demostrasen as súas habilidades persoais e de equipo, co fin de avaliar os proxectos que se incorporarán á seguinte fase de Academia.

Ler nova