NOTICIAS

Alice Biometrics gañadora do reto Banca XXI de CaixaBank.

Representantes de Alice Biometrics recollen o galardón RetoBancaXXI

Alice Biometrics, unha startup acelerada na 6ª Edición de ViaGalicia, foi galardoada co RetoBancaXXI dos #PremiosEmprendeXXI, un dos recoñecementos máis prestixiosos a nivel nacional en materia de innovación. Alice Biometrics naceu como ‘spin off’ de Gradiant tras observar que o mercado carecía de sistemas de verificación biométrica da identidade seguros e rápidos. Con esta premisa, desenvolveron unha solución de verificación de identidade remota baseada en intelixencia artificial e de desenvolvemento propio.

Tras constituírse en 2019, non só non deixaron de medrar e convencer a novos clientes, senón que suman outros logros como a súa inclusión na Growth Academy de ciberseguridade de Google e distintos premios, aos que agora engaden o Premio EmprendeXXI que a recoñece como mellor startup en transformación dixital do sector financeiro.

Ler nova