NOTICIAS

Vanetta Food, carne vexetariana ‘feita en Galicia’ que une innovación e sabor tradicional

Águeda Ubeira, CEO da compañía, xunto ao director de operacións, Manuel Vila

Vanetta Vegan Food fíxose un oco no ecosistema emprendedor galego cunha misión clara: “democratizar a alimentación”. Para iso, apostaron por un modelo innovador: un proxecto de carne vexetal que non só busca ofrecer alternativas aos sabores tradicionais, senón tamén provocar un impacto real na sociedade.

Despois de saír ao mercado cunha produción artesanal, esta startup galega foi seleccionada para a fase de aceleración da 7ª Edición de ViaGalicia, onde busca avanzar na industrialización dos seus procesos. Este paso permitirá levar aínda máis lonxe os valores que queren transmitir: concienciación e sustentabilidade na produción alimentaria.

Ler nova