ODS Protein foi galardoada co Accésit de #Innovación na XII Gala do Premio Mozo/a Empresario/a e Iniciativa Emprendedora de AJE GALICIA Xoves Empresarios, celebrada o 21 de setembro de 2023. Esta startup, participante na fase de aceleración da 7ª Edición de ViaGalicia, nace coa misión de desenvolver solucións para contribuír a alimentar de forma sostible á poboación do planeta. Xa eran pioneiros no sector foodtech co seu proxecto disruptivo para producir proteínas alternativas de maneira circular e sostible, e agora engaden un novo recoñecemento que avala o carácter innovador da súa proposta.
A startup constituíuse en 2021, cun equipo liderado por Iria Varela, que xa recolleu diferentes premios con este proxecto como Empowering Women in Agrifood (EWA) 2022 España, Top 100 Xóvenes Talentos Gastronómicos 2022 do Basque Culinary Center, ou Mellor Iniciativa Empresarial por AJE Vigo 2022, o que lles brindou aloxamento no Viveiro de Empresas de Porto do Molle da Zona Franca de Vigo. Nesta curta traxectoria xa se erixiron como referentes do sector, de xeito que El Referente os incluíu entre as 15 startups foodtech españolas máis prometedoras en 2022 e no seu Ranking das 100 startups españolas máis innovadoras de 2022.