NOTICIAS

Os Neutron Insights van máis aló dos raios X

Integrantes de Neutron Insights, startup da 7ª edición de ViaGalicia

Neutron Insights é outra das startups participantes na 7ª Edición da aceleradora ViaGalicia, que aposta por unha solución innovadora de tomografía industrial por emisión de neutróns.

O proxecto, inicialmente bautizado como Rema Neutron Scanners, naceu como unha spin-off da Universidade de Santiago de Compostela para dar resposta ás limitacións dos raios X. Coa súa innovadora tecnoloxía, foron capaces de ampliar a capacidade de análise de materiais e examinar a súa composición química, o que lles permitirá detectar fallos en infraestruturas metálicas sen necesidade de técnicas invasivas.

Ler nova